Raúl Bermúdez
Deseñador gráfico e motion en ChaChaChá Studio
Raúl Bermúdez (Vigo) define a súa traxectoria a través dunha inquietude constante e a procura dun estilo fresco e diferenciador. Tras formarse nas artes visuais e traballar en varias axencias, fundou en Vigo o seu propio estudo, Chachachá Studio, un proxecto desde o que desenvolve solucións que combinan a ilustración e o deseño contemporáneo coas posibilidades narrativas dos motion graphics.
Sempre moi vinculado á escea cultural, a súa faceta creativa vai máis alá do estudo. Esa necesidade de axitar a contorna levouno a impulsar proxectos como a Galería Maraca ou o Festival Creativa, espazos de encontro e difusión para o deseño e a arte.