Roberto Núñez Studio e as adegas Viña Almirante e Davide, premiados nos Graphis de Nova York
O palmarés dos históricos premios Graphis Design Annual inclúen este ano o nome do noso socio Roberto Núñez, que foi premiado con dous ouros e unha prata polos traballos realizados para dúas adegas galegas.
O símbolo da nova identidade corporativa de Viña Almirante foi premiado cun Graphis de Ouro e figura ademáis na Shortlist da 61ª edición dos premios Communication Arts. En palabras do seu creador, «a marca conceptualiza a idea de equipo humano, viño e orixe, a partir da simbiose gráfica entre un escudo e unha copa. Elementos gráficos que están conectados ca antiga marca e ca tipoloxía de escudo do municipio de Portas onde está localizada a adega».
Por outra banda, a nova web de Davide tamén foi galardoada cun Graphis de Ouro.
«O traballo, unha proposta emocional arredor da marca e dos seus produtos que consegue reflexar a historia, personalidade e esenza da adega de Baión dende un punto de vista diferenciador», Roberto Nuñez
E finalmente, o traballo de Roberto Núñez Studio tamén foi recoñecido cun Graphis de Prata pola idea e dirección de arte de «Vide», unha das imaxes oníricas e esculturáis que foron creadas como parte do imaxinario da web.
Os Graphis, que levan máis de 75 anos valorando o deseño e comunicación visual, publican para cada edición un anuario. Nesta ocasión o traballo de Roberto Nuñez compartirá páxinas con proxectos para grandes marcas internacionáis como PepsiCo, Diageo, Xiaomi, Sogrape, ou Virgin, entre outras.