Roberto Núñez premiado nos Graphis de Nova York
Recentemente desvelouse o palmarés dos históricos premios de deseño Graphis Design Annual e o noso socio Roberto Núñez foi premiado con dous Graphis de Prata polo branding e a web realizada para a adega galega Viña Almirante.
A bodega da D.O. Rías Baixas e os seus viticultores, os famosos cartógrafos de emocións de Portas (Pontevedra), seguen recollendo a colleita froito do rebranding global feito en equipo con Roberto Núñez Studio. Son moitos os recoñecementos obtidos (Pentawards, ADG Laus, Graphis Design Awards, Communication Arts, World Brand Design Society Awards, Best in Food - Premios do marketing alimentario de España, ...) que falan dun caso de éxito empresarial onde a estratexia, a creatividade e o deseño foron determinantes como motor de transformación.
Os proxectos premiados formarán parte do anuario Graphis Design Annual 2023, que cada ano pon en valor o mellor deseño e comunicación internacional.