Roberto Núñez Studio premiado nos Best!N Food
Os Best!N Food Awards, premios do márketing alimentario, outorgaron un bronce na categoría de Branding & packaging a Roberto Núñez Studio polo seu traballo para á adega Viña Almirante.
O proxecto premiado foi a nova identidade de Vanidade, un viño albariño da D.O. Rías Baixas que ironiza sobre a sociedade actual. O deseño propón unha experiencia, establecendo unha conexión emocional cos consumidores, a través dun xogo cunha tinta rascable.
As boas novas para Roberto Núñez Studio chegan tamén por outra banda, coas 2 nominacións que acaba de recibir aos premios Laus nas categorías de Publicidade e Deseño. Unha delas, no eido do deseño, para o proxecto Maccerato, tamén de Viña Almirante. O vindeiro 10 de xuño, en Barcelona, coñeceremos o veredicto do xurado na gala Nit-Laus 2021.