• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios e socias Proxectos

Rodri Silva

Director creativo en Hother Estudio

  • Linkedin
  • Web
  • Instagram

Son o fundador e director creativo de HOTHER ESTUDIO, un estudo no que desenvolvemos proxectos de identidade visual, packaging e deseño web.

Estudei Artes Gráficas en Pontevedra, unha etapa na que descubrín o valor dos procesos de produción e do oficio. Despois traballei durante dous anos no sector da serigrafía, participando en proxectos para clientes como Jaguar, Decathlon ou Renault Group. Esa experiencia axudoume a entender que o deseño non remata na pantalla, senón que cobra sentido cando se materializa.

Máis adiante cursei o Grao en Deseño na Universitat Oberta de Catalunya, mentres traballaba como deseñador para El Nogal. Co paso do tempo sentín a necesidade de seguir profundando na parte máis estratéxica e conceptual da profesión, polo que realicei o Máster en Dirección de Arte na Universidade de Vigo. Durante esa etapa fixen prácticas en Reclam, combinando formación e experiencia profesional.

Creei HOTHER ESTUDIO como un espazo no que poder desenvolver unha forma de entender o deseño máis persoal, máis próxima e máis centrada nas persoas e nas marcas coas que traballo. Entendo o deseño como unha ferramenta para dar forma ás ideas. Non se trata só de facer que algo sexa bonito, senón de construír significado. O contexto, a cultura, a tipografía, a cor, os materiais, a composición ou as pequenas decisións que ás veces pasan desapercibidas son as que fan que unha identidade comunique de verdade.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.