• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Difusión eventos
02-06-2026 11:28:47

Segunda edición de Proxectar en Nigrán

Nigrán convértese por segundo ano consecutivo no punto de encontro de profesionais do deseño industrial con participantes de nivel internacional. Desta vez, as conversas de deseño realizaranse na sede da fábrica de cervexas Banda. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Imaxe gráfica: Yarza Twins

Os días 5 e 6 de xuño, de 18.00 a 23.00 h, o Parque Empresarial Porto do Molle acolle esta segunda edición do festival con deseñadores e deseñadoras de prestixio. A cita desenvolverase ao completo na fábrica de cervexas Banda. Nesta ocasión, para a xornada do venres, a organización conta con Isabella Trani, deseñadora afincada en Londres e cofundadora do estudio OMI, especializado en mobilidade e transporte; e David Chipperfield, un dos arquitectos máis influíntes do panorama actual, premio Pritzker 2023 e creador de Fundacion RIA en Santiago de Compostela. Na xornada do sábado, participan Sara Regal, nada en Viveiro, deseñadora industrial e artista de ampla traxectoria internacional, que fusiona a arte co deseño e traballa con residuos industriais; e Isaac Piñeiro, pontevedrés, creador de pezas icónicas para firmas como Sancal ou Omelette, con ampla experiencia como director creativo de marcas de deseño.  

O festival consolídase como espazo para reflexionar sobre o deseño industrial en Galicia, apostando por un formato cercano no que profesionais de referencia comparten os procesos creativos detrás dalgúns dos seus proxectos máis destacados. Despois, o público poderá iniciar conversas e participar do debate coas persoas participantes. 

O aforo está limitado a 70 persoas polo que cómpre adquirir previamente as entradas a través da web do evento para garantir a asistencia. 

A gráfica deste ano é obra das viguesas Yarza Twins.

Web do evento
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.