Segunda edición do Festival MARCO
Do 8 ao 10 de maio Vedra acollerá unha nova edición da mostra de arquitectura rural centrada na cultura Etno-Pop (etnográfica e saber popular), poñendo o foco na arquitectura da auga e nos muíños fluviais.
A organización busca rescatar e reactivar os muíños como espazos vivos onde suceden cousas, e como lugares de xuntanza e de creación. Estrutura o festival en tres grandes bloques temáticos:
-
Quebramiolos: espazo de reflexión e creación colectiva arredor da arquitectura da auga e dos usos dos muíños, protagonizado por profesionais, veciñanza, axentes do rural e público xeral.
-
Adrede (arte e deseño en rede): espazo aberto onde a arquitectura mestúrase coa arte, a música e a creatividade. Haberá obradoiros, procesos de cocreación, exposicións, concertos e espectáculos.
-
O mellor de cada casa: visitas guiadas por diferentes espazos do rural, como vivendas, construcións, rehabilitacións, proxectos sostibles… para achegar a arquitectura á xente.
O estudio Cenlitros, formado por Xabier Rilo e Ricardo Tubío, impartirán o obradoiro «Deseñar no límite. Entre o funcional e o simbólico» que propón unha aproximación creativa aos marcos tradicionais galegos, explorando a función dos elementos de delimitación do territorio e o seu valor simbólico e expresivo.
O festival busca a participación interxeracional coa posta en valor dos espazos do rural e a arquitectura onde vivimos, convivimos e traballamos. Cun formato máis consolidado, o MARCO ten a vontade de medrar como un encontro anual aberto a toda a comunidade.
Tedes as localizacións e toda a programación dispoñible na web do evento.