Selección Brandor para Coma coa marca para o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
O traballo de marca realizado polo socio Carlos El Rojo do estudio Coma Comunicación, para o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recibiu unha Selección Brandor.
Os Premios Brandor estar organizados pola Fundación Veredictas Internacional en colaboración con Foroalfa, e supón un estándar de excelencia internacional para proxectos na categoría específica de branding.
Neste proxecto o estudio Coma buscou un símbolo que reflictira o carácter da institución, de seriedade e confianza, ao mesmo tempo que fomentase unha visión moderna e aberta, que evolucionara coa sociedade e funcionase armonicamente co resto de logotipos institucionais. Para elo, utilizaron dous elementos de forma moi simplificada: a bandeira galega e a balanza da xustiza.
Esta marca xa recibiu unha Selección Anuaria en 2023, dentro da categoría de Mellor deseño de logotipo de produto ou servizo.