• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
22-04-2025 07:34:00

Pensarmos futuros sustentables, Semana da Creatividade en Pontevedra

Cinco días de actividades centradas nas principais liñas do proxecto de especialización do Campus Crea, abertas para toda a cidadanía, abordarán a creatividade nun sentido transversal e interdisciplinario.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Imaxe da Semana Creativa do Campus Crea de Pontevedra, UVigo

Esta edición da Semana da Creatividade, que terá lugar entre o 21 e 25 de abril en varias localizacións de Pontevedra, ten por eixo temático a sustentabilidade e inclúe charlas, obradoiros, coloquios, un ciclo de cinema e unha exposición.

Os relatorios, que versarán sobre a sustentabilidade desde distintos ámbitos da creación, estarán protagonizados pola deseñadora de moda e investigadora Elisa Palomino, o profesor Carlos Rodríguez Méndez da Facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca e o director de SODS Estudio Manuel Heredia Pérez.

O coloquio, Isto é un colexio, reunirá dúas das principais figuras da industria publicitaria en España, Toni Segarra e David Caballero, e será conducido por Julián Abad, presidente de Creatividade Galega. Na outra mesa, Deseño e sociedade: inclusión e identidade, intervirán as deseñadoras Raquel Boo, socia de DAG, e Zeltia Iglesias, xunto coa profesora Silvia García.

Están programados catro obradoiros, que manteñen aberta a súa inscrición ata cubrir prazas no correo xes.crea@uvigo.gal. O primeiro, impartido pola artista gráfica Maritza Berttollini, permitirá iniciarse na creación dun libro téxtil a través do bordado e do colaxe; o segundo, a cargo de Bruno Almeida, abordará o deseño colaborativo; o terceiro, conducido por Elisa Palomino, tratará sobre materiais sustentables; e o último, desenvolvido polos investigadores da Facultade de Belas Artes Julio Catalán, Álex Fuertes e Andrea Otero, centrarase na recollida e reemprego de materiais de refugallo en obra artística.

Entre as iniciativas desta Semana CREA atópase tamén o ciclo de cinema Sobrevivir, coordinado por Suso Novás, codirector do Festival Novos Cinemas, cunha escolma de filmes, que se proxectarán nos meses de abril e maio e que poñen o foco no ser humano como parte dun ecosistema, non só ambiental, senón tamén social ou económico.

O venres, 25 de abril, ás 20.00 h, na sede da Asociación Kentada inaugurarase a exposición Las hierbas que él arrojó cos traballos realizados durante o obradoiro previo. 

A Semana da Creatividade está promovida polo Campus Crea e conta co apoio da Deputación de Pontevedra para a súa realización. 

Programa completo
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.