Sixten, a tipografía creada por NM type, ADC Award 2024
A tipografía Sixten, creada pola socia María Ramos e o seu compañeiro en NM type, Noel Pretorius, levou unha Mención de Honra nos ADC Awards 2024, os máis antigos do sector da comunicación visual.
Sixteen é un tipo de letra inspirado nas formas intuitivas das letras que crea un neno de catro anos, libre de regras e sen limitacións. Durante o proceso, os creadores déronse de conta das conexións que existían entre o alfabeto fenicio e o grego primitivo. Crearon patróns tipográficos escribindo letras ao revés, de tal xeito que as letras reflictidas forman parte de Sixten. O resultado é un tipo de letra variable, con alternativas convencionais e rebeldes, que amosan a escritura temperá dun neno sen que resulte infantil. A familia completa cambia de rasgos, de Narrow a Wide, o que afecta tanto a anchura das letras como ao esquelete das mesmas.
O traballo desenvolvido por María e Noel xa levou premios a nivel mundial e ten aparecido en publicacións de deseño e conferencias internacionais. Com NM type crean e distribúen familias tipográficas ao por menor, ademais de deseñar tipos experimentais e fontes personalizadas para entidades e marcas.
Os premios anuais da ADC son os galardóns do sector máis antigos do mundo, contando xa con 102 edicións. Premian o mellor da publicidade, dos medios dixitais, do deseño gráfico e de publicacións, do deseño de embalaxes e produtos, do deseño en movemento, experiencial e espacial, da fotografía, da ilustración e do deseño de moda, centrado na arte e na artesanía.