• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
13-12-2019 15:00:54

Suma e segue... Representación DAG nos Anuaria

Non podemos estar máis contentos, pois rematamos este ano 2019 con máis recoñecemento ao deseño galego na XXVI Edición dos Premios Anuaria; onde Dardo, Era Comunicación e Roberto Núñez, recibiron cadanseu premio e seleccións especiais.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Nesta edición temos que destacar o Premio Anuaria de Ouro concedido a Dardo, polo traballo realizado co libro DRIFT, miradas cruzadas entre diseño y arte contemporáneo, unha publicación que camiña pola historia do deseño á vez que propón outras visións da historia da arte en función da relación entre ambas as disciplinas. O resultado é un volume con ton uniforme a pesar da diversidade das fontes das que proceden as imaxes. A gráfica da portada expándese desde o D e marca a forma do libro.

Era comunicación recibiu unha Selección Especial Anuaria na categoría de mellor Campaña de Interese Social, polo traballo Ben veñas, Maio! realizada para a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, xunto cos equipos de normalización (ENL) dos institutos de Pontevedra, e coa que promovían o uso do galego entre a mocidade a través das artes: teatro escolar, banda deseñada, narración curta, fotografía, poesía, curtametraxe e videoclip musical.

Por outra banda, Roberto Núñez acadou dúas Seleccións Especiais Anuaria por Observador e Perfeccionista, ambos na categoría de mellor Packaging. Viños de edición limitada que teñen a súa orixe nunha forma moi persoal de traballar, analizar e entender a natureza, a chamada viticultura reflexiva.

Como vén sendo habitual, a DAG tamén participou como xurado nesta XXVI edición dos Premios Anuaria.

Moitos parabéns a todos!

Podedes ver o resto de galardoados e galardoadas aquí.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.