Taller de re-deseño: moedeiro, carrete, zoco, barricada
David Castro imparte un taller de redeseño todos os sábados do 26 de febreiro ao 26 de marzo no Macuf.
O taller está orientado á formalización de obxectos utilitarios mediante a remontaxe de materiais que se encontran ao final dunha cadea de consumo.
Trátase de realizar propostas de reutilización e reprogramación de materiais de refugallo orientados cara un uso cotián en forma de pequenos artefactos.
Obxectos insurrectos considerados como antimecanismos que cumpren temporalmente unha función; utensilios primordialmente empáticos, afectivos; dispositivos que propoñen unha reaprendizaxe crítica, poética a través da nudez dos obxectos.