Temos un novo socio na DAG!
Como sempre, podedes coñecelo un pouco mellor a través desta breve presentación súa en que nos fala dos seus intereses e inquietudes.
Ola!
Son Alejandro, deseñador gráfico, ilustrador, amante da fotografía e do surf.
Cursei os estudos superiores de Deseño Gráfico na ESDA e os de Técnico superior en Ilustración na EASD Pablo Picasso. Neste momento estou a piques de finalizar o Máster en dirección de arte publicitaria da Universidade de Vigo.
O meu perfil profesional oriéntase cara a disciplinas diversas como a creación de marca, o deseño editorial, a ilustración e a fotografía. Ademais, gústame estar en contacto coas novas tendencias, ferramentas e soportes.