• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
18-06-2026 17:16:03

Tempo de premios e recoñecementos

Nestes días vimos de coñecer que varios socios e socias levaron premios en diferentes certames nacionais e internacionais: Brandor, Laus, Pelikanor, ISDA, VAND, Círculo Fortuny e Delta. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Casa Pransa, axencia ourensá liderada polo socio Pablo Álvarez, levou tres premios Brandor organizados por Veredictas: unha Medalla de Ouro á mellor renovación ou redeseño dunha marca gráfica existente polo proxecto DosDog; e dous Selección Brandor polos traballos realizados para Mar de Santiago e DosDog novamente, desta vez na categoría de Mellor deseño dun sistema ou liña de empaquetado con valor de marca. Estes tres premios internacionais súmanse ao xa acadado a finais de 2025, unha Mención de Honra nos Graphis, polo embalaxe de Diovio Vermut.

Pola súa banda, os compañeiros de Novagarda, Alberto Carballido e Iago Barreiro, gañaron un Laus de Bronce na categoría Website no transaccional, polo traballo realizado para a Cofraría do Carril. Estes premios, organizados por ADG FAD, recibiron nesta ocasión máis de mil trescentas participacións de nove nacionalidades distintas. 

A terceira edición dos Premios internacionais Pelikanor, organizados tamén por Veredictas, destaca a ilustración profesional aplicada ao deseño como recurso. Nesta ocasión, dentro das obras presentadas, realizadas entre 2024 e 2025, obtiveron premio traballos de dúas asociadas DAG. Por un lado, Era Comunicación estudio liderado por Antonio Pérez, acadou unha Selección Pelikanor polo traballo realizado para o Festival de Jazz e Blues do Concello de Pontevedra; e Dardo, con Conchi Mayo ao fronte, levou outra Selección Pelikanor pola publicación Pery Pais. Lei eterna. Ambos os dous proxctos levaron cadansúa selección Anuaria en 2025. 

O estudio Cenlitros, do que forma parte o noso socio Xabier Rilo, recibiu unha Selección Delta pola lámpada Nebra Inox, deseñada para a empresa galega emotional light. Estes premios organizados por ADI FAD, celebran tamén unha exposición no Disseny HUB de Barcelona con pezas presentadas nos últimos dous anos e editan un libro con todas as pezas seleccionadas nesta edición.

A socia Idoia Cuesta, foi recoñecida polos Premios Maestro Artesano do Círculo Fortuny como Artesana de Vangarda polo seu traballo no ámbito da cestería contemporánea, pola súa ampla traxectoria profesional e a súa capacidade para crear unha linguaxe propia. 

A comezos de ano, Xosé Teiga de Teiga Studio sumou un recoñecemento nos ISDA (International Sustainable Design Awards) en Hong Kong pola identidade para Adegas Saíñas, e dous Vand Design Awards polas identidades creadas para Bela Fisterra e Santiago Besteiro. 

Parabéns a todos e todas por estes recoñecementos. 

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.