• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
04-08-2026 11:30:00

Xa está en marcha a terceira tempada do Rexistro Sonoro de AR\DE

O pódcast do Arquivo do Deseño Galego está de estrea, novos capítulos verán a luz nos próximos meses. Os dous primeiros, que teñen como protagonistas as deseñadoras Patricia Portela e Zeltia Iglesias, xa se poden escoitar na web de AR\DE e en Spotify.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O proxecto, con xa tres anos de vida, convida a diversas voces do deseño galego a compartir as súas reflexións, opinións e coñecementos. Cada un dos capítulos propón a escoita de gravacións nas que as protagonistas falan e se expresan libremente sobre unha serie de temas. A maxia sucede no proceso de edición, en mans do equipo de Oxxio (Pablo Silva e David Santos), que articulan as súas palabras a través do deseño sonoro de cada capítulo.

A deseñadora Patricia Portela, que inaugurou esta terceira tempada, comparte a súa visión dende unha mirada privilexiada da evolución do deseño gráfico en Galicia nas últimas décadas. En 2015 cofundou The Office, un estudio especializado en comunicación cultural e, actualmente, exerce como directora de arte no estudio coruñés Costa.

No segundo capítulo, podemos escoitar a Zeltia Iglesias, unha figura destacada do deseño galego máis novo. Con formación en deseño gráfico e fotografía, Zeltia móvese entre o deseño gráfico e a arte. Na súa aínda curta carreira profesional, pasou polo estudio Cenlitros e colaborou como deseñadora en numerosos proxectos artísticos e musicais. 

Nesta e en anteriores tempadas do Rexistro Sonoro podemos atopar perfís de distintas disciplinas, como o deseño de espazos, produto, gráfico, tipografía, iluminación, infografía, moda, deseño de procesos ou deseño dixital. 

O Rexistro Sonoro busca ser unha fonte de recursos que permita coñecer a historia de profesionais relevantes no deseño galego a través das súas propias voces. O obxectivo non é a popularidade ou a inmediatez, senón a creación dun arquivo sonoro, que preserver estas voces para a súa consulta e reescoita no futuro. A nova serie de gravacións conta, por segundo ano consecutivo, co apoio da Deputación da Coruña.

Escoitar o Rexistro Sonoro
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.