Transferenciasdesign
Transferencias.Design, o programa creado pola Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) e a Confederación de Escolas de Arte (CEA) reunirá o próximo 8 e 9 de xuño en Málaga a empresas, institucións, docentes e profesionais do Deseño para debater sobre as relacións entre o Deseño e a sociedade.
O programa inclúe varios seminarios e talleres sobre temas como Novos materiais e deseño, O papel do papel, Deseño de museos de Deseño, Deseño de experiencia de usuario, Empresa nos procesos formativos de posgrao en Deseño, Procesos globais de traballo no deseño; unha conferencia debate sobre Gráfica comercial e economía; unha exposición de carteis publicitarios e a entrega dos premios Cosentino Design Challenge.
A inscrición xa está aberta e é gratuíta.