Tutti Frutti, a exposición sobre gráfica popular de América Sánchez chega a Compostela
Este xoves 15 de setembro inaugúrase no Colexio Fonseca Tutti Frutti. Gráfica popular e diversidade cultural, unha exposición que reúne unha escolma do proxecto fotográfico desenvolvido polo deseñador gráfico América Sánchez para documentar expresións de gráfica popular de todo o mundo.
O acto de inauguración terá lugar ás 20.00 h e nel participarán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o presidente do Ateneo, Salvador García-Bodaño; e o deseñador gráfico Pepe Barro.
A exposición permanecerá aberta até o 15 de outubro e poderá visitarse en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.