Type in motion chega a Vigo
Desde onte e ata o 1 de abril de 2012, pode visitarse na Fundación Barrié, Type in Motion, unha exposición do Museo do Deseño de Zúric que nos invita a descubrir a tipografía dinámica en todas as súas manifestacións: vídeos musicais, títulos de crédito, instalacións interactivas en tres dimensións... e que explora as últimas tendencias dentro do ámbito dos textos en movemento.
A mostra que está comisariada polo historiador da arte, arquitectura e cine, Andrés Janser, reúne 120 obras de máis de 80 deseñadores distintos organizadas en seis áreas temáticas: videoclips, curtametraxes, anuncios, gráficos animados, espazo público e largometraxes. De xeito paralelo á exposición, está prevista a realización de varios obradoiros destinados a escolares que queiran experimentar e xogar coa tipografía e outro, para profesionais do deseño, que baixo o título de Tipografía e interacción se desenvolverá no primeiro trimestre de 2012.
Todas as persoas interesadas en participar nestas actividades ou que queiran concertar visitas guiadas poden obter máis información no teléfono: 986 110 220.
Entrada gratuíta
Horario: de martes a domingo, festivos incluídos: 12.00-14.00 / 18.00-21.00
Lugar: Fundación Barrié Policarpo Sanz, 31 36202 Vigo
Máis información en: http://www.fundacionbarrie.org/gl