Un Cañas y Tipos en O Milladoiro
O próximo 24 de maio temos nova cita co deseño no espazo Magenta Coop en O Milladoiro. O evento tipográfico itinerante que se move por diferentes localidades galegas contará desta vez con María Ramos, Mou e Rubén Grilo.
Imaxe do evento deseñada por Carla Bautís
Magenta Coop é un espazo creativo multidisciplinar onde ademais de charlas e eventos, danse clases de pintura e talleres variados. Este segundo Cañas y Tipos galego de 2025 trasládase ao concello de Ames e as persoas asistentes poderán coñecer máis en profundo a María Ramos, socia de DAG, deseñadora, cofundadora de NM Type e creadora do proxecto Fontlicensing; Mou, organizador dos Festivais de Arte Urbano Desordes Creativas e Rexenera Fest e membro do grupo Dios Ke Te Crew; e Rubén Grilo, un artista que se expresa a través de diferentes medios como a escultura, o son ou a imaxe en movemento.
Recordade que este evento remata co Tipobingo, onde se sortean pezas e material doado por deseñadores e deseñadoras entre as consumicións que se realicen no local organizador.
Este é o sexto Cañas y Tipos que se organiza en Galicia. O primeiro foi no espazo Sar 53, de Santiago de Compostela con María Peinado y Rubel Prol como protagonistas. O segundo foi na Coruña con Manchea e Robert Janes. O terceiro celebrouse na cidade de Pontevedra, concretamente na sede da Asociación Cultural Kentada e contou con Marcos Dopico e Zeltia Iglesias. O cuarto fíxose de novo en Santiago de Compostela, na Escola Unitaria, e acolleu as charlas de Laura Meseguer e Berio Molina. O quinto trasladouse a Carballo, ao espazo Movidas Coworking, e tivo como protagonistas a Maite Canet e Manuel Griñón.
O evento en Galicia está organizado polos socios de DAG María Ramos, Bernardo Paz e Daniel Pino, xunto con Yolanda González e Carla Bautís. A entrada é de balde ata completar o aforo.