Un obradoiro para iniciarse na caligrafía
Para coñecer os estilos máis importantes, as plumas usadas para cada un e experimentar algún deles, claro, primeiro trazos básicos e despois o alfabeto de cada estilo, dividido por familias. Para apreciar as diferenzas entre os distintos papeis, tintas e acuarelas, e aprender a escoller os materiais óptimos para o estilo de caligrafía que se vaia practicar.
- Impartido por: Belén L. Méndez
- Nivel: iniciación
- Duración: 12 horas
- Horario: sábado de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h e domingo de 10 h a 14 h
- n.º de prazas: 15
- Cota de inscrición: 120 € (desconto do 10% para socios da DAG)
- Material incluído no obradoiro
- Datas: 5 e 6 de novembro de 2016
- Lugar: Escola Unitaria (Santiago de Compostela)
INSCRICIÓN: chamando ao 609 830 553 ou enviando un mail cos teus datos e o obradoiro no que queres participar a queroaprender@escolaunitaria.com