Unha asemblea anual de socios DAG chea de actividades
A DAG, Asociación Galega de Deseñadores, celebra este sábado 7 de febreiro a súa xuntanza anual de socios no estudio Costa da Coruña (rúa Real, 55, 1º esquerda).
A xornada desenvolverase ao longo de todo o día, de acordo co seguinte programa: - Unha sesión de mañá (de 11.00 a 14.00 h), aberta a todo o público, e que inclúe unha charla sobre identidade visual e corporativa a cargo de Dani Bembibre + unha demostración do funcionamento dunha impresora 3D. - Xantar, sobre as 14.00 h, no restaurante Valentín + sobremesa coa presentación do libroO como é o que conta, escolma de textos de Pepe Barro. - Unha sesión de tarde, só para socios, na que se celebrará a asemblea anual DAG a partir das 17.00 h. As persoas interesadas en participar en calquera das actividades abertas teñen de prazo ata este xoves 5 de febreiro para enviar un mail a info@asociaciondag.org especificando en que actividade ou actividades se queren inscribir: conferencia, demostración, xantar presentación (prezo do menú): 15 euros.