Unha mesa de debate cos futuros deseñadores galegos
Cuestionalo todo, repensar as cousas, procurar diferentes perspectivas forma parte do día a día de calquera deseñador. Nesta ocasión, quixemos darlle unha volta ao formato da mesa de debate para mostrar un nuevo punto de vista.
A visión que nos interesa coñecer neste FEED'17 é a dos futuros profesionais do deseño, os alumnos e alumnas das escolas que en breve se van incorporar ao mercado laboral e van ir construíndo o futuro do deseño.
Con este obxectivo, convidamos a Ángel Currás da escola Aula d de Vigo, María Ángeles Regal da EASD Antonio Failde de Ourense, Tino Abad da EASD Pablo Picasso da Coruña, e Ana Rivera da EASD Ramón Falcón de Lugo para falarmos sobre a situación actual do deseño, do papel do deseño nesta sociedade e na sociedade do futuro, de cara a onde cren que vai ir o deseño, se albiscan novas disciplinas e moitas cousas máis. De moderadora exercerá a socia da DAG Noelia Fernández.