Unitaria organiza un obradoiro de tipografía en maio
O obxectivo da actividade é achegarse ás nocións básicas no deseño de tipografías. A partir do debuxo dun grupo de letras, os participantes aprenderán a traballar as súas formas para que funcionen como conxunto no seu deseño.
Impartido por: María Ramos
Nivel: Iniciación
Lugar: Espazo Unitaria (Calzada de San Pedro s/n, Santiago de Compostela)
Datas: 28 e 29 de maio de 2016
Duración: 16 h
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.
N.º de prazas: 12
Cota: 115 € (10 € de desconto para socios da DAG)