Uqui Permui é a convidada dos Ladies Wine & Design da Coruña
A nosa socia participa hoxe pola tarde nestes encontros para falar do traballo de deseñadora gráfica, dos primeiros pasos á hora de lanzar un proxecto propio e dos éxitos e fracasos profesionais.
Os Ladies Wine & Design xurdiron na cidade de Nova York de man da publicista Jessica Walsh, quen tivo a idea de organizar estes encontros de mulleres do mundo da publicidade e do deseño para conversaren dun xeito informal das súas experiencias.
A iniciativa tivo éxito e replicouse noutras moitas cidades do mundo, como no caso da Coruña, onde os Ladies Wine & Design están coordinados por Noemi Cubillo, Lidia Bao e Thais ser. O encontro desta tarde terá lugar na sala Aximut (Palexco) entre as 19.00 e as 21.00 h. O viño porao Marqués de Vizhoja.