V Foro da Comunicación de Galicia
A V edición deste foro decorrerá este venres 11 de novembro en Ourense. A nós fíxonos especial ilusión ver que entre os relatores deste ano figura o deseñador Pepe Barro, quen tamén será un dos homenaxeados na entrega dos Premios Paraugas que terá lugar ao acabar a xornada.
A información sobre o programa e as inscricións pode consultarse en: V Foro da Comunicación
O acto de entrega dos Premios Paraugas está previsto que comece ás 20.30 h. O Clúster da Comunicación Gráfica facía pública hai uns días unha listaxe cos tres finalistas en cada una das categorías e esa noite serán desvelados os gañadores.