VIII Encontro Galego de Ilustración
Este sábado 29 de outubro os ilustradores galegos reúnense en Santiago de Compostela no Encontro Galego de Ilustración que, como cada ano, organiza a AGPI.
O evento desenvolverase ao longo de todo o día. Pola tarde terá lugar a Asemblea Xeral da AGPI só para membros, pero durante a mañá as portas estarán abertas a todas as persoas que queiran participar, tal e como explican no convite que, moi amablemente, a AGPI nos fixo chegar. Así que xa sabedes, apuntade esta cita na axenda e velaquí tedes o programa de actividades por se lle queredes botar un ollo:
Programa 10.00 h Recepción 10.15 h Presentación do encontro 10.30 h Charla: A ilustración ante os novos tempos da profesión con Gemma Cortabitarte, xerente da APIC (Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña) 11.30 h Descanso 11.45 h Charla: entre dous, a obra conxunta Xabier P. Docampo e Xosé Cobas falarán do proceso creativo conxunto entre escritor e ilustrador 13.00 h Mesa redonda: como convivir cos medios dixitais? Participan Manuel Gago, director de Culturagalega.org e profesor de ciberxornalismo na USC, Manuel Bragado, presidente da AGE e director de Edicións Xerais, e modera Henrique Torreiro, xerente de FADIP.
Lugar: Fundación Novacaixagalicia Rúa do Vilar, 19 15705 Santiago de Compostela
Máis información en: VIII Encontro Galego de Ilustración