• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
15-04-2026 14:47:21

20 anos de comunidade arredor do deseño

Celebramos o 20 aniversario facendo un percorrido polos fitos e iniciativas que marcan a nosa historia, dando conta do valor do traballo asociativo  

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Gráfica de Irene García, igráfica

Cando están prontas a facerse dúas décadas da data que marca o nacemento oficial da Asociación Galega de Deseño, concretamente coa sinatura da acta fundacional o 30 de xuño de 2006, queremos festexar a ocasión cunha pequena mostra que recolle a súa andaina e celebra á comunidade de persoas que durante estes anos formou parte do proxecto colectivo. 

A inauguración será na Fundación DIDAC, ás 19 h do mércores 29 de abril, na semana do Día Internacional do Deseño, e permanecerá alí até o sábado 16 de maio. Esta iniciativa conta co financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración de DIDAC,  FINSA e Axeitos &Co.

Vémonos para brindar!

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.