Xa te podes inscribir nos Anuaria
A convocatoria para participar na XXIV edición dos Premios Nacionais de Deseño Gráfico Anuaria está aberta desde hai uns días.
Para lle dar cabida aos diferentes ámbitos do Deseño Gráfico impreso e dixital, os Premios Anuaria establecen 25 categorías nas que os participantes poden inscribir as obras realizadas no 2016 e 2017.
Este ano as inscricións permanecerán abertas até o 30 de xuño, e os descontos son os seguintes:
-
Desde agora e até o 30 de abril un 50% desconto (60 €). Do 1 ao 30 de maio un 25% de desconto (90 €). E sen desconto do 1 ao 30 de xuño (120 €).
-
Os membros da DAG teñen ademais un 15% de desconto adicional en calquera período.