Xornada Espazos para o coidado das creacións contemporáneas
O próximo 29 de novembro o Centro Galego de Arte Contemporáneo e a Fundación DIDAC organizan unha xornada aberta para falar do destino dos legados de artistas. É preciso inscrición previa.
O proxecto nace da preocupación compartida co sector da arte contemporánea polo destino dos legados dos artistas de maior idade, así como pola situación económica e xurídica que adoita acompañar este colectivo. O CGAC, en colaboración coa Fundación DIDAC, acolle esta xornada coa vontade de situar o debate no contexto galego, analizar as particularidades do tecido artístico local e abrir un espazo de diálogo sobre o futuro dos legados e arquivos de artistas contemporáneos.
A iniciativa está impulsada pola Fundación Gabeiras e inicia agora unha segunda fase, despois de realizar presentacións no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid (2023) e no Museo d´Art Contemporani de Barcelona (MACBA, 2024). Nesta etapa amplíase o ámbito de traballo ás artes escénicas e á música.
Dentro do programa, na mesa de artistas que abre a xornada moderada por Laura Carro, presidenta da delegación do Instituto de Arte Contemporáneo (IAC) en Galicia, estará presente o compañeiro Pepe Barro, xunto con Marisa Ferández (artista), Juan de Nieves (comisario do legado da artista Berta Cáccamo) e María América (xestora cultural, Isaac Díaz Pardo).
Amais, as personas asistentes poderán desfrutar doutras dúas mesas, a de institucións e centros de arte, centrada na profesionalización dos legados; e a mesa de artes escénicas e música. Ao remate, Roger Dedeu, presidente da Fundación Gabeiras, falará do proxecto Legados.
A xornada comeza ás 9.30 h no Auditorio do CGAC e remata ás 14.30 h. A entrada é de balde mais é preciso inscrición previa porque as prazas son limitadas.