• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
12-03-2025 10:03:21

Xornada «Isaac, editor»

A Asociación Galega de Editoras celebrará a Isaac Díaz Pardo, no ano en que se lle dedica o Día das Artes Galegas, cunha xornada centrada no seu papel á fronte de Ediciós do Castro.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Fotografía: Isaac Díaz Pardo, 1987, ©Xurxo Lobato

O programa, que se desenvolverá na mañá do xoves 27 de marzo, constará de dous relatorios. O primeiro a cargo de Charo Portela, quen fora subdirectora de Ediciós do Castro e coordinadora da actividade cultural do Instituto Galego da Información até 2008, que se centrará no perfil de Díaz Pardo como editor. O segundo, a cargo do noso asociado, o deseñador Pepe Barro, que ofrecerá unha panorámica sobre deseño e identidade do libro galego até os tempos da editora, fundada en 1963. 

A través destas dúas conferencias achegarémonos ao universo visual e conceptual dun dos proxectos editoriais máis destacados de Galicia no século XX, especializado na recuperación da memoria histórica e divulgación cultural e científica galegas. Ademais de afondar na figura do seu fundador e socio de honra da Asociación Galega de Editores desde 2006. 

A xornada terá lugar en horario de 10.30-13.00 h na sede do Consello da Cultura Galega e conta co apoio da Deputación da Coruña. O acceso é aberto ao público até completar a capacidade da sala. 

Máis info
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.