Xornadas de Arte e Deseño Conecta
Desde mañá e até o 24 de abril desenvolveranse en Lugo as Xornadas de Arte e Deseño Conecta que organiza a EASD Ramón Falcón.
O programa deste ano está formado por seis conferencias e dous obradoiros que serán impartidos por profesionais relacionados coas diferentes áreas que arestora oferta o centro: Deseño de Interiores, Gravado, Serigrafía, Deseño Gráfico, Fotografía e Cerámica.
Xoves, 12 de abril de 2018
cenlitrosmetrocadrado: obradoiro na EASD Ramón Falcón (10.00 - 14.00 h e 16.00 - 19.00 h) + conferencia Espazo experiencia no Vello Cárcere (20.00 h)
Venres, 13 de abril de 2018
Isabel Somoza: conferencia Agravando a situación no Vello Cárcere (12.00 h)
Luns, 16 de abril de 2018
Alumnos + Mochi Pedreira: conferencia no Vello Cárcere (12.00 h)
Martes, 17 de abril de 2018
Miguel Vázquez: conferencia Cerámica e función no Vello Cárcere (12.00 h)
Luns, 23 de abril de 2018
Xurxo Lobato: conferencia Fotografar unha maneira de mirar no Vello Cárcere (12.00 h)
Martes, 24 de abril de 2018
Susana Blasco: conferencia Di-visones no Vello Cárcere (12.00 h) e obradoiro Xogo, set & partida no Vello Cárcere (16.00 a 20.00 h)
As xornadas son gratuítas e están abertas a todas as persoas interesadas.