As 12 miradas de Pepe Barro

O pasado 9 de xullo inaugurábase na galería Vilaseco da Coruña a exposición Doce miradas do deseñador Pepe Barro, un deseñador ao que lle gusta tocar todos os xénero e mesmo mesturar uns con outros.

Convócanse os Premios CLAP 2015

Os CLAP son uns Premios Internacionais de Deseño Industrial e Deseño Gráfico aos que poden concorrer traballos de deseño gráfico e industrial realizados en América Latina, Os Estados Unidos, O Brasil, España e Portugal durante os anos 2013, 2014 e 2015.

Breve resumo do 3ENAD

Acollidos pola AAD, Asociación Andaluza de Deseñadores, o pasado xoves 11 de xuño déronse cita na Térmica de Málaga un centenar  de deseñadores, docentes, empresarios e responsables técnicos e políticos da administración pública dispostos a pensar e traballar unidos a prol do deseño.

Gain organiza unha xornada sobre mobiliario intelixente

A Axencia Galega de Innovación (Gain) a través do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) organiza a xornada Mobiliario Intelixente: Identificación de Oportunidades. Nela expoñeranse distintas posibilidades tecnolóxicas e desenvolvementos específicos para o sector do moble, á vez que se presentan casos de éxito.

ROKdesign organiza unha xornada de portas abertas para este xoves 11 de xuño

Con motivo da semana internacional do deseño en Barcelona, o estudio ROKdesign do noso socio Antón García Seoane organiza este xoves 11 de xuño unha xornada de portas abertas. Ese día todos os estudios creativos de Sant Agustí 5 abrirán as súas portas ao público ás 10 da mañá e ofrecerán unha actividade ou exposición preparada en exclusiva para a ocasión.

Este 10 de xuño descubre a nova ruta dixital

Tórculo Comunicación Gráfica convida os deseñadores a participar na actividade Descubre a nova ruta dixital que terá lugar a tarde do próximo mércores 10 de xuño na súa sede do Polígono do Tambre, Vía Edison 33-35 Santiago de Compostela.

Inscríbete no III Encontro Nacional de Asociacións de Deseño

A DAG acode ao III Encontro Nacional de Asociacións de Deseño que se celebra os próximos 11 e 12 xuño en Málaga para participar na mesa de traballo n.º 1. Bases para as políticas públicas do deseño en España e na n.º  5. Novos modelos de organización e asociación de deseñadores.