A gráfica da SELIC premiada cun Laus de bronce na Nit dos Laus
Efectivamente, o pasado venres entregáronse en Barcelona os Premios Laus e, como xa vén sendo habitual desde hai uns anos, entre os galardoados desta edición volve haber un traballo dos nosos compañeiros desescribir.
Este é o sétimo ano consecutivo en que os Laus, un dos premios de maior prestixio do estado e que cada vez contan con máis participación internacional, recoñecen o traballo dos deseñadores galegos Suso Vázquez e Cibrán Rico. Nesta ocasión, o traballo premiado foi a gráfica (colección de libros incluída) da SELIC, Semana do Libro de Compostela, que desescribir realizou para o Concello de Santiago de Compostela, e que resultou merecedor dun Laus de bronce na categoría de elementos coordinados.