A Xunta Directiva
A primeira asemblea tivo lugar no Auditorio de Galicia o 30 de xuño de 2006. A ela asistiron trinta e cinco deseñadores gráficos e industriais: Uqui Permui, Pepe Barro, Xosé Salgado, Lía Santana, Alberte Permuy, Javier Pérez, José Ramón Méndez, María Pereiró, Antonio Doñate, María Domínguez, Cecilia Labella, Silvia Benavente, José Rivera, Cristina Varela, Marcos Dopico, Jorge Riveiro, Xesús Fraga, Esteban Carballido, José Antonio Carrera, Jon Solozábal, Amaia Torre, Óscar Otero, Segundo Fernández, Natalia Crecente, Roberto Vázquez, Mario Sigüenza, Pablo J. Fernández, Conchita Viñas, Óscar Canal, Eva Díaz, X. Carlos Hidalgo, Jorge Ageitos,Teresa Saiz, Xurxo García e Jesús Tarela.
Ese día tamén se aprobaron os estatutos da asociación e se elixiu a primeira Xunta Directiva que quedou constituída por: Uqui Permui (presidenta), Pepe Barro (vicepresidente), José Ramón Méndez (secretario), Javier Pérez (tesoureiro), Antonio Doñate (vogal) e M.ª del Rosario Domínguez (vogal).
O 14 de xaneiro de 2011, de acordo co protocolo establecido nos estatutos que establece en catro anos a duración dos mandatos da Xunta Directiva, convócanse eleccións. Os socios da DAG elixen por unanimidade como novo presidente a Marcos Dopico; como vicepresidente, a Segundo Fdez; e como secretaria, a Natalia Crecente. Javier Pérez continúa como tesoureiro da DAG e decídese que os novos vogais sexan: Uqui Permui, José Ramón Méndez, Lía Santana, Óscar Otero, Martiño Villaverde, Alberto Rodríguez e José Antonio Pérez.
Durante a asemblea xeral de socios celebrada o 9 de febreiro de 2013 apróbase a redución e renovación parcial da Xunta Directiva. A nova directiva máis reducida de 9 membros, fronte aos 11 anteriores, son socios que xa estaban traballando de xeito activo nalgunha das liñas de actuación da DAG e que entran a substituír a aqueles membros da directiva que por distintos motivos non están implicados no día a día da Asociación. Do antigo equipo de goberno permanecen no seu cargo Marcos Dopico, Segundo Fdez e Uqui Permui. Óscar Otero cambia o posto de vogal polo de secretario da DAG e, a maiores, incorpóranse cinco persoas novas, de modo que a configuración da xunta directiva queda do seguinte xeito: Marcos Dopico, presidente; Segundo Fdez, vicepresidente; Óscar Otero, secretario; Suso Vázquez, secretario; e como vogais: Uqui Permui, Raquel Boo, Manuel del Río, Rebeca Ces, Cibrán Rico.
En 2014 a Asemblea Xeral de socios aproba a redución dos mandatos da Xunta Directiva da DAG de catro a dous anos, para así fomentar un maior dinamismo na asociación e que a menor duración das responsabilidades anime a máis socios a implicarse no traballo. A nova directiva elíxese o 11 xullo de 2014 e queda conformada do seguinte xeito: Jesús Vázquez (presidente), Manuel del Río (vicepresidente), Segundo Fdez (tesoureiro) e Óscar Otero, quen repite como secretario. Como vogais da asociación actuarán Raquel Boo, María Agra, Cibrán Rico, Rebeca Ces, Noelia Fernández e Marcos Dopico.
O 8 de xullo de 2016 a Asemblea Xeral da DAG renova a súa Xunta Directiva que queda configurada do seguinte xeito:
- Presidente: Óscar Otero
- Vicepresidente: Manuel del Río
- Secretario: Segundo Fdez
- Tesoureira: María Agra
- Vogal: Marcos Dopico
- Vogal: Irene García
- Vogal: Suso Vázquez
O día 2 de xuño, após a baixa de Suso Vázquez, a Asemblea Xeral nomea a Lois Guillán como substituto e a composición da Xunta Directiva fica así:
- Presidente: Óscar Otero
- Vicepresidente: Manuel del Río
- Secretario: Segundo Fdez
- Tesoureira: María Agra
- Vogal: Marcos Dopico
- Vogal: Irene García
- Vogal: Lois Guillán
O 29 de xuño de 2018 a asemblea xeral elixe a seguinte Xunta Directiva para os próximos dous anos:
- Presidenta: Irene García
- Vicepresidenta: María Agra
- Tesoureira: María Ramos
- Secretario: Lois Guillán
- Vogal: Dani Bembibre
- Vogal: Adrián Parcero
- Vogal: Xosé García
- Vogal: Simón Villamayor
- Vogal: Ángel Ramos
- Vogal: Óscar Otero
O 27 de xuño de 2020 celébrase a asemblea xeral anual, nesta ocasión de maneira telemática. A nova Xunta Directiva queda constituída da seguinte maneira:
- Presidenta: Irene García
- Vicepresidenta: María Agra
- Tesoureiro: Xosé García
- Secretario: Adrián Parcero
- Vogal: Dani Bembibre
- Vogal: Lois Guillán
- Vogal: Noelia Estévez
- Vogal: Simón Villamayor
- Vogal: Antonio Doñate
- Vogal: Olaia Rodríguez
Nesta mesma asemblea anúnciase a creación de varias comisións dentro da propia Xunta Directiva, co obxectivo de facilitar a organización do traballo e dos proxectos a desenvolver. As cinco comisións iniciais establecidas son: Comisión de Comunicación, Comisión de Proxectos e Actividades, Comisión de Boas Prácticas, Comisión de Financiamento e Colaboración, e Comisión de Relacións Externas. A Comisión de Comunicación está integrada por Irene García e Adrián Parcero, e conta coa colaboración da xerente María Ramos. Están a cargo da Comisión de Proxectos e Actividades María Agra, Xosé García e Olaia Ferrando. A presidenta, Irene García, asumirá a xestión da Comisión de Boas Prácticas. No caso da Comisión de Relacións Externas compoñen o equipo de traballo Noelia Estévez, Antonio Doñate, Dani Bembibre, Lois Guillán, Olaia Ferrando e Simón Villamayor. E, finalmente, a Comisión de Financiamento e Colaboración será responsabilidade das persoas responsables de cada proxecto concreto.
Durante a Asemblea Xeral de 2021, celebrada o 19 de xuño de maneira virtual, fíxose efectiva a baixa de Dani Bembibre como vogal da Xunta Directiva. O equipo de vogáis conta dende entón con cinco membros.
O 18 de xuño de 2022 e de xeito presencial, a asemblea xeral elixe a Xunta Directiva para os próximos dous anos que queda constituída da seguinte maneira:
-
Presidencia: Xosé García
- Vicepresidencia: Adrián Parcero
- Tesourería: Alberto Rodríguez
- Secretaría: Pablo Villaverde
- Vogalía: Ana Boquete
- Vogalía: Irene García
- Vogalía: María Agra
- Vogalía: Olaia Ferrando
- Vogalía: Thais Suárez