Modalidades para asociarse
Categoría ordinaria
Profesionais, docentes ou persoal investigador con máis de dous anos de experiencia laboral no mundo do deseño. A cota nesta categoría é de 60 euros por trimestre.
Categoría novel
Os deseñadores e as deseñadoras que posúan formación e que demostren que están comezando a súa carreira profesional. A persoa asociada na categoría novel goza dos mesmos dereitos e deberes que na categoría ordinaria, pero co fin de facilitarlle a súa incorporación á Asociación goza dunha redución na cota trimestral do 50% durante os dous primeiros anos. A súa cota trimestral é de 30 euros.
Categoría estudante
Persoas físicas, menores de 30 anos, que demostren documentalmente a súa condición mediante certificación de estudos nalgunha disciplina relacionada coas actividades propias do deseño. Despois de finalizaren os seus estudos pasarán automaticamente á categoría novel ou ordinaria segundo cal sexa a súa situación. A cota de estudante é un 15% da cota ordinaria, isto é, 9 euros por trimestre.
Categoría de socia protectora
Empresas, entidades ou institucións que, sen ofrecer directamente servizos de deseño, están relacionadas co eido e desexan apoiar e promover o deseño galego a través da súa colaboración con DAG. As socias protectoras, entre os seus dereitos e deberes, teñen voz na Asemblea, pero non voto, e contan cos beneficios e vantaxes de pertenecer a DAG como as demais categorías. A súa cota trimestral é de 180 euros, que se destinarán especificamente a accións de formación, investigación e divulgación en materia de deseño. Esta colaboración farase expresa nas distintas accións que se programen a través de mención ou da inclusión da súa marca gráfica.
Destacamos o valor desta figura para DAG porque, ademais de sumar su o seu apoio aos obxectivos comúns con este vínculo, a súa achega permítenos desenvolver unha parte da nosa actividade que consideramos fundamental, a de ampliar e compartir coñecemento sobre o deseño en Galicia. Se desexas más información sobre esta categoría ponte en contacto con nós a través de info@dag.gal