Que é a DAG?
A DAG é unha asociación sen ánimo de lucro que se fundou en 2006 e que agrupa a profesionais do deseño de toda Galicia. Abrangue múltiples disciplinas, tales como o deseño gráfico e web, o deseño UX/UI, o deseño industrial, o deseño editorial, o deseño estratéxico ou o deseño de servizos.
Desde entón traballa para conseguir os seguintes obxectivos:
- Impulsar o deseño galego e defender os intereses dos e das profesionais de Galicia.
- Dar a coñecer e implicar a profesionais do deseño no tecido empresarial do país.
- Reivindicar que o deseño ten un valor de seu, e que as empresas e as institucións públicas que coidan este aspecto están a engadir valor á súa actividade.
- Crear canles de comunicación entre profesionais e tamén entre profesionais e estudantes das escolas de deseño, co fin de favorecer o diálogo e a reflexión sobre aquelas cuestións que máis lles preocupan e interesan.