
Antón García Seoane
Deseñador industrial en ROKdesign
Enxeñeiro en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto especializado en Deseño de mobiliario (EUDI+Elisava). Destaca a súa traxectoria artística vinculada á arte urbana. No ano 2014 funda ROKdesign en Barcelona, estudio que desenvolve proxectos de deseño industrial, gráfico e artístico. Xestiona a súa propia liña de produtos autoeditados. Colaborou con Carles Riart (Premio Nacional de Deseño 2011) e traballou para empresas como SEAT Centro Tecnolóxico, UNVI S. A. ou Compressport International. Desenvolve proxectos internacionais en Alemaña, Bulgaria e Oriente Medio.