• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
10-07-2017 17:58:14

Os Laus recoñecen o traballo de desescribir un ano máis

O pasado 30 de xuño a Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte do FAD, ADG-FAD, entregaba en Barcelona os Premios Laus de Deseño Gráfico e Comunicación Visual.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Na edición deste ano concorrían 1100 proxectos en cinco categorías diferentes: Deseño Gráfico, Dixital, Creatividade Publicitaria, Audiovisuais e Estudantes, por tanto, nada nos alegra máis que saber que os nosos socios Suso Vázquez e Cibrán Rico, desescribir, se encontran entre os galardoados.

Nesta ocasión o traballo premiado polo xurado cun Laus de bronce na categoría de Libro completo foi Altres glòries, o libro que deseñaron para deumésu. Para este proxecto, os autores requirían dous bloques diferenciados: proposta e proceso, e unha estrutura capaz de ordenar un material gráfico variado e complexo acompañado de textos en dous idiomas.  De acordo con estas indicacións, o libro concibiuse como un dossier. As páxinas aparecen divididas en dúas áreas, unha para cada idioma, e a narración gráfica discorre polo centro. Pola súa parte, os dous bloques de contidos (proposta e proceso) diferéncianse polo tipo de papel.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.