• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
23-10-2017 10:51:31

Continuamos coas presentacións dos convidados do FEED'17

Se a semana pasada vos presentabamos a Elena Urizar e Joana Correia, hoxe é a vez de Bea Lema. A deseñadora galega será unha das conferenciantes do sábado, cunha intervención en que partirá da súa propia experiencia para falar do carácter multidisciplinar da profesión do deseño.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Bea Lema vive na Coruña, a súa cidade natal. Estudou Deseño de Produto e comezou a súa traxectoria profesional traballando para a firma de cerámica Sargadelos. Posteriormente participou na creación do proxecto Lelédacuca, no cal realizou obxectos que mesturan a artesanía tradicional co deseño contemporáneo.

Arestora é socia da 7H Coop, desde onde desenvolve o seu traballo en relación co deseño de produto e a ilustración. Realizou proxectos moi diversos (obxectos grandes, obxectos pequenos, instalacións, accións...).

Creou deseños para amigos, empresas ou institucións como o Certame Coreográfico de Madrid, Fuera de Margen, Unitaria, Nave 1839, as Bibliotecas Municipais da Coruña, o Consello Galego de Cooperativas, a Cidade da Cultura de Galicia ou o Concello de Santiago de Compostela. O pasado mes de agosto foi galardoada co XII Premio de Banda Deseñada Castelao pola súa primeira novela gráfica O corpo de Cristo, que será editada a próxima primavera.

FEED'17
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.