• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
04-02-2020 22:29:31

Os premios Laus fan 50 anos

A Asociación de Directores de Arte e Deseñadores Gráficos do FAD convocan un ano máis os premios Laus. Estes premios, que buscan recoñecer a excelencia na comunicación gráfica, son certamente un referente no sector do deseño.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A convocatoria dos Laus está dirixida a profesionais do deseño gráfico, a publicidade e a comunicación visual. O prazo de inscrición para presentar proxectos estará aberto ata o vindeiro luns 10 de febreiro. As socias e os socios da DAG, como membros tamén de READ, poderán gozar dun desconto do 15% en todos os proxectos presentados. 

Celebramos o recoñecemento ao traballo dos nosos socios en pasadas edicións. Este ano, ademáis, tres socios da DAG foron seleccionados para formar parte do xurado profesional que avaliará os proxectos. Entre recoñecidas profesionais como Liza Enebeis (Studio Dumbar) ou Ena Cardenal atopamos tamén a Roberto Núñez e a Artur Galocha; ámbolos dous formarán parte do xurado na categoría de Deseño Gráfico. Por outra banda Iago Barreiro será responsable de avaliar os proxectos da sección Dixital, xunto a compañeiros e compañeiras de profesión como Aino Hantuu de Hanzo Studio.

Un ano máis os premios Laus celebran o deseño. Nesta ocasión a organización informa de que os emblemáticos trofeos serán producidos con materiais respetuosos co medio ambiente. O trofeo, ideado en 1969 por Tomás Vellvé, será repensado por Oiko, un estudio especializado en economía circular. Ademáis, para celebrar o 50 aniversario, a ADG-FAD quere render homenaxe aos premiados na súa longa traxectoria. Levará a cabo diferentes accións comunicativas que culminarán na Nit ADG Laus, a cerimonia de entrega de premios que se celebrará en xuño durante a Barcelona Design Week.

Bases e inscricións Premios Laus
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.